sábado, 29 de agosto de 2009

Mulleres vs Homes?


Se lle preguntamos a Google pola palabra "sensualidade" e buscamos unha imaxe relacionada con ela, queda clariño quen domina o mundo ainda. Por máis que eles insistan, todo está dirixido para os homes.
Ata cando?

miércoles, 26 de agosto de 2009

martes, 25 de agosto de 2009

Emocionalmente inestable

- Que tes?
-Nada
- Algo si
-Non
- Joder, como dis que non?. Estás rara.
- Non me pasa nada. Ti tamén estás raro ás veces.
- A mellor defensa é un bo ataque, non si?
- ...
- Tés a regla?
- ...!!!!!!!!!!!!!!!!

So un home (que xa sabe positivamente que a teño) me pode facer esa pregunta.
Son estúpidos por naturaleza, fixémolos nos ou "evolucionaron" eles ata este punto?

domingo, 23 de agosto de 2009

Coordinación sublime

Síntome moi achegada á música celta. Particularmente a Irish Music atráeme como a telaraña á mosca voadora.
E sácame da modorra para facerme dar púlos de ledicia no meu interior.

sábado, 22 de agosto de 2009

Sen ganas de nada


Como se superan eses anacos de tristura sen motivo nin razón aparente?
De onde ven esa melancolía descoñecida e perturbadora en intres que deberían ser de tranquilidade para a mente?
Quen mos manda vir a min, que non os pedín?
Eu son a da sonrisa perenne. Non quero mirarme no espello cos ollos tristes.

A foto roubeina do foro Univisión, pero reflicte moi ben o meu estado agora.

miércoles, 19 de agosto de 2009

O conto da pita na galescola


Estou que non sei que dicir
de tanta trapallada que nos toca vivir.
Con políticos que non saben mellor
que mirar polo retrovisor.

Fai uns meses defenestraron as galescolas,
andan falando de tumbar o decreto do galego
(non pensarán eles en crear emprego!)
Semella que estas persoas están todas tolas.

Eu non sei que raio teñen no seu pensamento
para seren tan pouco creativos
mais que adultos semellan cativos;
seica tumbaron tamén os muiños de vento.

Vaia trapallada armaron desfacendo a casiña
para virnos agora presentando unha galiña.
Que se deixen de baduar meténdonos medo,
que os galegos de hoxe xa non chupamos o dedo.

Se mudando todo era a idea para aforrar
vaia trapalladas podemos agardar!

viernes, 14 de agosto de 2009

Tan diferentes somos?



Como pode ser que sexamos tan distintos, se no fondo somos todos tan iguais?
Fai falta enseñar tanto?
Acaso temos tanto que ocultar?

Leo na prensa destes días que en Sada (A Coruña) un local promove un concurso de minifalda mais curta.
O Concello (rexido polo BNG) puxo o berro no ceo e pídelle á Xunta (PP) que paralice a desfeita
A Xunta manda recado de que ela está atendendo a outros lumes e non ten tempo. Que se faga, e que se enseñan moita cacha que a policía municipal denuncie.
E mentras tanto, a poucos kilometros de nos, outras mulleres non poden bañarse sin tapar o corpo todo. Non poden ir mercar comida sin afogar debaixo dun chador.

Eu quero enseñar o que me pete e cando me pete. Que o BNG non se poña agora retrógrado e que o PP non vaia de pasota.

Un xeito de expresar poesía

E xa que o outro día trouxen música celta de alén dos nosos mares, hoxe quero traer a un colectivo que me entusiasma e que teño a honra e maila estima de poder contar a algunha das pertencentes ao colectivo entrea lista das miñas amizades.

miércoles, 12 de agosto de 2009

Un pasiño mais

Despois de un bo anaco fwrando no chisme, logrei colocar un video do youtube eu soliña.
Ben sei que non ten tanto mérito para quen o sabe facer.

Elexín este Duelo de Violíns que interpretan unhas virtuosas magníficas como son as Celtic Woman.
Gústame moito a música. Con ela podo transportar o meu pensamento a calquer recanto recóndito.



domingo, 9 de agosto de 2009

O verán pasado por auga


Solo escoito queixas.
Queixas sobre o mal tempo.
Queixas sobre o mal que vai a economía.
Queixas sobre os desastres que fan os políticos.
Queixas sobre a imposición do galego.
Queixas sobre a imposición do español.
Queixas sobre o caro que está todo.
Queixas sobre o pouco que pagan a quen traballa.
Queixas sobre a falta de traballo.
Queixas...

Eu hoxe para a cea, quero comer queixo!

(Graciñas a Aldabra pola lección. A foto collina prestada do "Proxecto Amorodo")

viernes, 7 de agosto de 2009

Soñando coa fin de semana

Levo desexando que chegue e cando está aquí mústiome.
Non sei que raio quero.
Non sei se quero algo
Penso que non sei.
Sei que penso.
Quería estar soa.
Agora que estou xa non quero.
Somos moi complicados os seres humáns.
Ou serei eu a que son sumamente complicada?.
Serei humán?

(Teño que aprender a poñer imaxes no blogue. Tenteino e non dou)

martes, 4 de agosto de 2009

Un pensamento

Hoxe dinme conta de que son moito mais vulnerable do que pensaba. Vin un neno chorando na rua por un golpe que se deu co monopatín e os meus ollos tamen bagoaron.
Como unha muller, feita e dereita, pode permitir que lle afecten esas cousas alleas?.
Teño que mellorar o meu autodominio. Un día quero chegar a ser política, e as bágoas van ben neso, pero so cando se poden controlar.
Seguirei entrenando.

lunes, 3 de agosto de 2009

domingo, 2 de agosto de 2009

A modo de presentación

Son Ana.
En realidade non sei se son mais cousas. Penso que o meu nome encerra e define ben o meu ser: Breve.

Non sei como me atrevín a dar este paso. De feito case confio en que ninguén acuda nunca a él.
Levo tempo paseando pola blogosfera e sempre recalo en aqueles que admiro polo seu tesón e capacidades comunicativas. Dudo que eu teña esas virtudes; pero sinto necesidade de expresarme. Ainda que sexa para min mesma. E con este aire de exhibicionismo creo que ainda me gusta mais.

A ver canto dura