miércoles, 30 de septiembre de 2009

Un desexo

Ocasionalmente non importa tanto o soporte como a mensaxe en sí mesma.
Estamos afeitos a demasiados fastos e rimbombancias (dirase así?), e non prestamos atención o realmente importante.
Para todos (incluso para os que lles gusta a Cocacola)

(Grazas a un amigo, hoxe poño a primeira foto non roubada no meu blog. Grazas amigo)

Hai que recargarse de Vitamina C, que seica chega o outono

domingo, 27 de septiembre de 2009

Cirurxía social

Espérase das mulleres de hoxe que sexamos liberadas, sexis, traballadoras, hogareñas, boas nais, amantes experimentadas (algo putas?), floreiros (algo parvas?).
E por riba temos que demostrar a nosa valía!
Vaia morro!!
Eu así non xogo.

martes, 22 de septiembre de 2009

Interpretación libre

A xente interpreta o que lle peta.
Se lle amosades esta imaxe a vinte homes, 19 dirán que son mulleres a piques dun orgasmo (o que queda é un digno traballador da ONCE).
Pois non, cabaleiros; disque seica son vinte mulleres unha milésima antes de

ESTORNUDAR!!

Malpensados

sábado, 19 de septiembre de 2009

As cousas importantes


Din moitas cousas por non estar calados.
Decimos que a intelixencia, que os ollos, que a sonrisa, que a mirada...
Nin caso!
Cando non nos miran as tetas, MÍRANNOS O CU!!
(Por iso convén telo en forma)

jueves, 17 de septiembre de 2009

Dependencia emocional


Somos tan sumamente fráxiles e dependentes, que nunca nos podemos sentir auténticamente libres.
Sempre teremos un cordón umbilical ó que nos sentimos xunguidos.
En certo modo é un apoio. Pero tamén unha putada

miércoles, 16 de septiembre de 2009

Integramente núa


Hai veces nas que toda tapadiña síntome núa, observada, mirada, penetrada (coa mirada).
Outras, en pelota picada, son un muro pétreo e firme.
Que cousas!

domingo, 13 de septiembre de 2009

viernes, 11 de septiembre de 2009

Para chorar

Supoño que cando este tipo de programación permanece na parrilla televisiva é debido a que ten audiencia. Hoxe todo se move pola pasta.
Pero resúltame casposo en exceso que un venres pola noite en duas cadeas de certa relevancia do estado español falen de Belen Esteban como tema principal.
Se estivese nas miñas mans botáballes ós directivos unha boa dose do meu anticaspa preferido. Pero nos ollos!!!!
Esta é a sociedade que estamos forxando no século XXI?
Para chorar.

martes, 8 de septiembre de 2009

Somos complicadas?


Os homes gustan decir que somos moi complicadas.
Seica pensan que son necesarias chaves inglesas e alicates para quitarnos a roupa.
En realidade no único que pensan é en quitárnola.
Burriños!, se fosen capaces de argallar un pouquiño verían como no la quitamos nos mesmas.


jueves, 3 de septiembre de 2009

Perder a inocencia


En que etapa da nosa vida perderemos -homes e mulleres- esa inocencia tan xenial que en ocasións se volver pura maxia e noutras o estropea todo?

(A foto roubeina na rede. Coma todas as deste blog. Se un día alguén se sinte plaxiad@, que o diga. Pagar non penso pagar, pero pedir disculpas si)