viernes, 30 de octubre de 2009

Estiven na pelu

Cantas cousas se contan na pelu.
Cotilleos a moreas.
Sales ben ou mal peinada, pero enteradiña de todo o que se coce pola zona.

domingo, 18 de octubre de 2009

Cansa de estar cansa

Hoxe estou cansa de estar cansa.
Non teño ganas de nada.
Nin de escribir, nin de ler.
Atopar esta imaxe axudoume a contárvolo.
Véxome nela un pouquiño
Onde haberá surtidores de enerxía para encher o meu depósito?


lunes, 12 de octubre de 2009

Recuncando cos nomes


Hala!
Para que ninguén me tache de sexista.
Unha de cal...
(Anda que estes tamén tiveron unha idea suprema para elexirlle o nome ó coche)

jueves, 8 de octubre de 2009

Nomes inoportunos

Amólanme moitísimo os anuncios de artículos que se venden aquí e que teñen o nome -basicamente- en inglés.
Os cueiros DRAI NAITS, o zume MINUTE MAID e cousas así.
Penso que cada nome ten que ser axeitado para o lugar onde pretende abrirse mercado.
E senón, que veña o fabricante destes pasteliños a vendelos aquí
(E neste caso igual tiñan aceptación!!!)

martes, 6 de octubre de 2009

Motivacións varias


Hoxe dixeron nun telexornal que as mulleres chegabamos ó sexo da man do amor, e que os homes chegaban ó amor da man do sexo.
Eu debo ser medio marimacho. Algunha vez (non todas) cheguei ó sexo e acabei no sexo. E que ben me prestou!
Son a única rara do planeta?