martes, 25 de agosto de 2009

Emocionalmente inestable

- Que tes?
-Nada
- Algo si
-Non
- Joder, como dis que non?. Estás rara.
- Non me pasa nada. Ti tamén estás raro ás veces.
- A mellor defensa é un bo ataque, non si?
- ...
- Tés a regla?
- ...!!!!!!!!!!!!!!!!

So un home (que xa sabe positivamente que a teño) me pode facer esa pregunta.
Son estúpidos por naturaleza, fixémolos nos ou "evolucionaron" eles ata este punto?

7 comentarios:

  1. Vaia muller, el non o fai por mal, só quere asegurarse de que a causa é a regla, os homes son así, eles poder estar "cabreados" sen motivo, nós cando estamos "raras" a forza ten que ser por algo...
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Resposta:"Non, perdeu o Barcelona (ou o Madrid)", que, manda truco, as cousas que os cabrean a eles...

    ResponderEliminar
  3. non podo aturar esa pregunta, nin ás compresas.

    bicos,

    ResponderEliminar
  4. Deberíades ser máis comprensivas con nós. Entender o descoñecido resulta complicado; e tede en conta que o mecanismo dun bolígrafo Bic xa nos da bastante que pensar...

    ResponderEliminar
  5. Xa coñeces o da neurona única ¿non si?. Pois iso. Moi grafico e certeiro.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  6. Jajajaja serán estúpidos... pero bien sabemos que la regla nos condiciona... o no? eh eh? jajajaja... Saludos!

    ResponderEliminar
  7. Algo tiña que se nos apegar,despois de tanto tempo unidos.Case que un ano,todo un record a dia de hoxe

    ResponderEliminar