miércoles, 19 de agosto de 2009

O conto da pita na galescola


Estou que non sei que dicir
de tanta trapallada que nos toca vivir.
Con políticos que non saben mellor
que mirar polo retrovisor.

Fai uns meses defenestraron as galescolas,
andan falando de tumbar o decreto do galego
(non pensarán eles en crear emprego!)
Semella que estas persoas están todas tolas.

Eu non sei que raio teñen no seu pensamento
para seren tan pouco creativos
mais que adultos semellan cativos;
seica tumbaron tamén os muiños de vento.

Vaia trapallada armaron desfacendo a casiña
para virnos agora presentando unha galiña.
Que se deixen de baduar meténdonos medo,
que os galegos de hoxe xa non chupamos o dedo.

Se mudando todo era a idea para aforrar
vaia trapalladas podemos agardar!

7 comentarios:

  1. Estou dacordo contigo con rexeito á desaparición (chámanlle transformación para disimular) das galescolas. A meirande dos n enos, especialmente dapo gran des pobos e vidades (¿Quedan nenos nos pobos pequenos?) falan dabondo o castelán na rúa e coas xentes que coñecer polo que se queremos que o galego sexa unha lingua viva debe ter unha proteción especial e isa estaba nas galescolas.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  2. Xenial, na mensaxe e na forma da mensaxe.

    ResponderEliminar
  3. Vaia, mira que facetas poéticas nos amosas!!!

    Eu xa sabía que a bitácora ía ser unha canle na que poderías conducir algunha das tuas virtudes e cualidades. Parabéns!

    Un bico galescoláctico

    ResponderEliminar
  4. Fai tempo escribín un conto moi curtiño en galego, acordeime agora mentres buscaba algunhas cousiñas polo blog, e pensei que me gustaría que o leras e si tes a ben que me dixeras o que che parece.

    http://congoyyo.blogspot.com/2008/11/o-mal-das-mareas_12.html

    bicos,

    ResponderEliminar
  5. vaia vaia: Agardemos que pobo galego saiba resistir estes embates, cada día máis agresivos... Todo depende de nós. Enfin...

    Unha forte aperta!!

    ResponderEliminar
  6. A Galiña azul, se non me equivoco,é un conto de Carlos Casares, que supoño non estaría a favor das trapalladas do señor Feijóo...

    ResponderEliminar
  7. Ola!! Estoulle a botar unha ollada ó teu blogue, e non puiden resistir a tentación de comentarche neste post.
    Xa está de sobra dito, pero non entendo estas ideas e estas formas de facer política. O peor é que aínda por riba están a enganar á xente, que vai como cordeirños detrás deles (se en Galicia seguimos sendo así). Hoxe escoiten que queren prohibir o uso do galego nas administracións. Quero pensar que escoiten mal (aínda estaba medio durmido), e que non vai ser o caso, pero destes todo se pode esperar.

    En fin, non han poder con nos.
    Noraboa polo blog, pero no te queimes moito cos homes, que tampouco somos tan machistas (polo menos eu).
    Apertas

    ResponderEliminar