domingo, 9 de agosto de 2009

O verán pasado por auga


Solo escoito queixas.
Queixas sobre o mal tempo.
Queixas sobre o mal que vai a economía.
Queixas sobre os desastres que fan os políticos.
Queixas sobre a imposición do galego.
Queixas sobre a imposición do español.
Queixas sobre o caro que está todo.
Queixas sobre o pouco que pagan a quen traballa.
Queixas sobre a falta de traballo.
Queixas...

Eu hoxe para a cea, quero comer queixo!

(Graciñas a Aldabra pola lección. A foto collina prestada do "Proxecto Amorodo")

6 comentarios:

  1. Parabéns! O teu blog xa ten imaxes ;-)

    Saúdos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. alégrome ben de que puideses por fin poñer unha imaxen...

    non sei si te diches de conta de que hai varias formas de poñer a imaxen... pédense elexir entre 3 formas de colocación: esquerda, centro o dereita, tes que ticar no redondeliño donde querer que vaia a imaxen.

    despóis podes ticar tamén entre pequeña ou grande.

    vouche ensinar outro truco (perdoa o meu galego que como non teño costume de escribilo nin de falalo (de leelo sí), pois de seguro cometo moitos erros.

    para deixar espazos entre o que querer escribir ai un código de HTML que che pode ser moi util.




    por exemplo no post de hoxe terías que escribir



    FOTO


    TEXTO


    A ÚLTIMA LÍÑEA QUE ESCRIBICHE






    equivale a un espazo de línea de blog.
    podes probar.

    e respecto do tema das queixas tés toda a razón, hoxe, xustamente, cando voltaba do traballo viña pensando en eso, en tódala xente que é negativa e se pasa a vida con queixas... ás veces non as aturo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Graciñas unha vez mais pola tua paciencia Aldabra.
    Coa tua axuda irei aprendendo. Supoño que unha boa parte do éxito dun blog, como o teu, radica na composición do mesmo. Ben sei que eu de momento ando dando pasiños. En todo caso, non teño moi claro que queira acadar tanta popularidade como algúns dos que vou coñecendo.

    Grazas, grazas e grazas.

    ResponderEliminar
  4. Vaia!!!, canto me aleda esta explosión blogueira!!. Por fin animácheste.
    Non te preocupes moito, tal e como che di Aldabra, xa irás descubrindo ferramentas e camiños.

    Alédame moito a tua presenza no blogomillo.

    Unha aperta dende a Chousa para o Recanto

    ResponderEliminar
  5. Por certo!!!, cando queiras un queixo...pídeme un da Ulloa, cajonatósssss

    ResponderEliminar
  6. Coido que voltarei. Gústame moito o queixo.
    Bicos.

    ResponderEliminar