viernes, 7 de agosto de 2009

Soñando coa fin de semana

Levo desexando que chegue e cando está aquí mústiome.
Non sei que raio quero.
Non sei se quero algo
Penso que non sei.
Sei que penso.
Quería estar soa.
Agora que estou xa non quero.
Somos moi complicados os seres humáns.
Ou serei eu a que son sumamente complicada?.
Serei humán?

(Teño que aprender a poñer imaxes no blogue. Tenteino e non dou)

2 comentarios:

  1. Boas noites, ana, encantada de coñecerte, é un pracer ser a primeira en inaugurar o teu blog.

    Si cometo erros ortográficos, perdoa, é que saín cuns amigos e tomei algúns viños e un fray angélico... ¡como me gusta saír e tomar unha copiña!, agor sinto que todo e moi sinxelo...

    vouche dar a primeira lección, a ver si lle sacas partido e se consigo explicarcho ben, vouno tentar...

    para colgar unha foto... no cadro donde introduces o texto hai un cadriño que semella unha pintura, premes nel e che sae outro cadro que che pide que indiques de donde queres subir a foto... o mellor e que xa a teñas no escritorio... co botón que dí "examinar" e logo subir foto...

    para subir música busca en google o programa Goear... busca a canción que queres e che sae un cadriño que pon URL... daslle a copiar, vas a edición do blog e lle das a pegar e listo...

    cos vídeos de youtube fas o mesmo que con goear...

    a ver si tes sorte, é facil, de verdade, eu non son ningunha entendida pero a base de fastidiala moitas veces fun aprendendo...

    alégrome de que che gustara o meu blog, volve cando queras.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. Non sabes a ilusión que me fai (á vez que certo rubor) atopar un comentario. O primeiro neste recanto.

    Grazas pola lección. Vou ver se son quen de poñer unha imaxe no seguinte post. Se non dou, non penses que eres ti mala maestra: son eu unha nefasta alumna.
    Un bico de serea

    ResponderEliminar