viernes, 14 de agosto de 2009

Tan diferentes somos?



Como pode ser que sexamos tan distintos, se no fondo somos todos tan iguais?
Fai falta enseñar tanto?
Acaso temos tanto que ocultar?

Leo na prensa destes días que en Sada (A Coruña) un local promove un concurso de minifalda mais curta.
O Concello (rexido polo BNG) puxo o berro no ceo e pídelle á Xunta (PP) que paralice a desfeita
A Xunta manda recado de que ela está atendendo a outros lumes e non ten tempo. Que se faga, e que se enseñan moita cacha que a policía municipal denuncie.
E mentras tanto, a poucos kilometros de nos, outras mulleres non poden bañarse sin tapar o corpo todo. Non poden ir mercar comida sin afogar debaixo dun chador.

Eu quero enseñar o que me pete e cando me pete. Que o BNG non se poña agora retrógrado e que o PP non vaia de pasota.

3 comentarios:

  1. Não , não somos assim tão diferentes.
    E se é um abuso esconder a mulher, também o é expô-la nua aos bocados na publicidade!

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. As culturas son diferentes e as persoas metamorfoseámonos...

    Con todo, penso que entre amosar o cu da minifaldera e levar o chador ou o burkini, hai un abano de posibilidades ben amplo. Ou non Aniña?

    ResponderEliminar
  3. pois eu tamén digo como ti... que cada un ensine o que queira pero sempre respetando ós demais.

    biquiños,

    ResponderEliminar