viernes, 11 de septiembre de 2009

Para chorar

Supoño que cando este tipo de programación permanece na parrilla televisiva é debido a que ten audiencia. Hoxe todo se move pola pasta.
Pero resúltame casposo en exceso que un venres pola noite en duas cadeas de certa relevancia do estado español falen de Belen Esteban como tema principal.
Se estivese nas miñas mans botáballes ós directivos unha boa dose do meu anticaspa preferido. Pero nos ollos!!!!
Esta é a sociedade que estamos forxando no século XXI?
Para chorar.

12 comentarios:

  1. eu estou por aquí, lendo blogs, e a nai e un irmán, vendo a tele, hai un anaco achegueime ata alí para tomar un pouco de leite con cacao (uff que planazo de venres!!! hehehe) e escoitei algo así como que a non sei quen, ben sei, pero non quero lembralo, dáballe noxo facerlle unha entrevista a outro de quen tampouco me quero lembrar, pasou polo meu maxín a idea de que un día destos vou ter que ir e coller o mando e secuestralo e agochalo lo menos, no cumio das neves do kilimanjaro, nalgún agocho secreto da dúas, ou mesmo da galega, que as veces botan boas pelis, e ben poderían facer un ciclo de gregory peck digo eu... (que ganas de ver el mundo en sus manos!!!!)
    PD: o meu plan encántame!!! por se alguén o dubidaba :)

    ResponderEliminar
  2. Creo que es el espectáculo público del siglo XXI; en el XV iban a las corralas para ver teatro y si eran más escabrosos a la quema pública en la hoguera; en el XIX a gullotinazo limpio!!! y ahora... venden sus miserias en TV!!

    ResponderEliminar
  3. Para chorar, si. Para facer un pranto ben longo diría eu.
    Non sei que podemos facer e o terrible é que, en xeral, entreten a moita xentiña
    ¡pobre século XXI e vindeiros!
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Que susto crin que ías falar mal do champú.
    Un abrazo A.Cris

    ResponderEliminar
  5. Joder, ese champú haino no meu cuarto de baño!!!
    (Supoño que na miña TV tamén salen esas trapalladas das que falas)

    Beijos sin caspa

    ResponderEliminar
  6. Por natureza o ser humano (mulleres e homes) sempre tivo,ten é tendra curiosidade`pola vida dos demais ou mais ben criticala vida axena.E se ae cartos polo medio saen ata as bragas mailos calzoncillos a relucir,foder disque move moreas de farelos(euros).Esta en cuestion e capaz de vender ata exclusiva de ir o retrete.....Xa estamos criticando je je je je

    Un bico sen paparachis.

    PRAADIANTE

    ResponderEliminar
  7. Pois, na sexta, os venres hai unha serie que se chama "caso abierto" que entretén moito. Cambia de canle. Que cadaquén vexa o que queira.

    ResponderEliminar
  8. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  9. Que andará facendo o Chousa acortando o nome?

    ResponderEliminar
  10. Tes razón, pero a tv xa non hai por onde collela, entre os programas de corazón e algunhas series que válgame deus ufffff

    Biquiños mil!

    ResponderEliminar
  11. É absolutamente desesperante o da programación....eu hai tempo que vexo o que quero vía Internet e paso moito da tele....

    ResponderEliminar
  12. Eses programas son tristes, ridículos, falsos... dan verdadeiro noxo. Pero hai que chegar a conclusión que é o que a xente quere e por iso seguen en parrilla.
    Ademáis pasa como naqueles programas de Gran Hermano, ninguén os miraba pero todo quisque sabía de que ían.

    Así nos vai, se unha maioría prefire eses programas, non deixaremos de estar "atrasados"

    ResponderEliminar