domingo, 18 de octubre de 2009

Cansa de estar cansa

Hoxe estou cansa de estar cansa.
Non teño ganas de nada.
Nin de escribir, nin de ler.
Atopar esta imaxe axudoume a contárvolo.
Véxome nela un pouquiño
Onde haberá surtidores de enerxía para encher o meu depósito?


10 comentarios:

  1. Hainos en Paradela: pódoche poñer super, normal o diésel: eu xa vou con diésel, que é lenta pero dura moitísimo. Ti, avisa no mail e verás, volves con forza para unha tempada...e con maniotas.

    ResponderEliminar
  2. Os surtidores están ao teu carón, non tes máis que levantar a cabeza e mirar, e senón o consigues avisa, axudaremos no que poidamos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. o meu surtidor é a cama, son unha marmotiña jijiji. Penso que son tempadas, unhas nas que o cansancio se apodera de un, outras nas que a enerxía nos supera, ciclos, así que neste descansa que xa virá o seguinte.

    Biquiños rapariga!!!

    ResponderEliminar
  4. Se che ves reflectida nesa imaxe, seguro que che rexeneras soa e, logo dun soño reparador e un descanso de blog, todo volve á normalidade.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Hai tempadas, xa non só de cansanzo físico senon tamén mental, de hastío...Hai que permitirse estar cansa...de admitilo..de descansar e recuperarse (cada quen o seu ritmo, cos seus tempos para cada cousa) e logo renovada e con máis enerxía continuar.
    Ánimos e se fai falla unha man..xa sabes!
    Biquiños

    ResponderEliminar
  6. O meu surtidor son
    estes momentos nos
    que me olvido de todo
    e póñome a teclear.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  7. Seica andas moi estresada ou?; pois xa sabes o que din: hai que aplicarse o slow food (palabrexa do carallo que xa miña avoa empregaba dicindo "amodiiiiiiiño") e non andar tanto ás carreiras.
    Bebe con moderación e respira acompasadamente.
    Bicos

    ResponderEliminar
  8. échale la culpa al otoño: es una opción.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  9. Nin idea, no meu GPs non aparecen... Se atopas algún avísame, que preciso eu tamén dun.

    Bico!

    ResponderEliminar