martes, 6 de octubre de 2009

Motivacións varias


Hoxe dixeron nun telexornal que as mulleres chegabamos ó sexo da man do amor, e que os homes chegaban ó amor da man do sexo.
Eu debo ser medio marimacho. Algunha vez (non todas) cheguei ó sexo e acabei no sexo. E que ben me prestou!
Son a única rara do planeta?

11 comentarios:

  1. Que barbaridá!. Como vos soltades a melena as chicas por estes coutos. Esto sí que é Universidade. E da gusto aprender.
    (Dígoche un segredo, agora que non nos escoita ninguén?: Eu tamén che son algo "rara").
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. pois eu creo que veño sendo carne de telexornal hehehe :) moitas grazas pola túa visita!! biquiñossssssssssssssssssssss e boa semana!!! :D

    ResponderEliminar
  3. Como galega que son, depende jjijijijiji. Hai intres para todo, pero en termos xerais, desta vez entro dentro das estadísticas, sen que serva de precedente.

    Biquiños nena!!!!

    P.D.: a imaxe ben bonitiña, segue así jejejeje

    ResponderEliminar
  4. Non sei que dicirche, eu niso envexo aos homes e dende logo que ti non es rara. Eu teño unha disculpa, na miña xeración non nos estaba permitido probar moito.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Estou con Maruxiña, depende, todo depende
    E ¿falas de rarezas?
    ¡Que cousas!.
    bicos.

    ResponderEliminar
  6. Pues va a ser que eu tamén son rara,jejeje
    No meu caso chegou primeiro o sexo e logo o amor.

    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Non, de rara nada. Cando se chega ao sexo polo sexo, mola, pero ai... cando se chega desnde o amor!

    ResponderEliminar
  8. Por certo, empreguei esa imaxe para adornar un dos meus relatos, deixo o enlace por se che apetece leelo:
    http://certo.es/index.php?page=surfista

    ResponderEliminar
  9. Pois eu entro dentro da estatistica!!
    Pero que máis da por onde se che o sexo o caso é chegar.
    Un bico rapaza!!

    ResponderEliminar
  10. Rotundamente NON (a lo menos, xa seriamos dúas)

    ResponderEliminar
  11. Aiiii como me mola ter tantas visitas na miña casiña!
    E ver que non son tan rariña eu soa mais ainda.
    Grazas a todas por vir.
    Susana moo, pois eu atopei esa imaxe dende o google (rouboas todas pola rede adiante)

    ResponderEliminar